martes, 15 de outubro de 2024

XIII Limpeza simultánea de praias

Estimadas familias! O próximo venres 25 de Outubro participaremos na XIII Limpeza simultánea de praias organizada por @adega_ecoloxismo . Participarán a nosa escola xunto co CEIP de Caión, CEIP Alfredo Brañas de Peisaco e as unitarias EEI de Larín e EEI de A Lagoa. Moitas Grazas ao @concelloalaracha por colaborar outro ano máis aportando materiais para a limpeza e por encargarse da posterior recollida do lixo sacado dos areais. Tede en conta o seguinte: -O voluntariado debe vir con botas ou botas de goma para evitar que se lle meta area no calzado. -Cómpre traer chuvasqueiro por se chove algo. -Unha mochiliña coa merenda, auga e as LUVAS reutilizables. (Se non tedes o Concello aportará unhas desbotables). -Toda axuda é benvida, así que animádevos a colaborar. Apuntade: - Praza de Caión - 25 de outubro - de 10:00 a 12:30 horas EEI de Roris

Contacontos

Estimadas familias!! Este venres iremos ver un contacontos á biblioteca de arteixo, xunto cos nenos e nenas da EEI A Lagoa. EEI de Roris

venres, 11 de outubro de 2024

Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

Estimadas familias! O próximo venres día 18 de Outubro realizarase o sorteo público para designar aos membros (titulares e suplentes) da Xunta Electoral, para as eleccións dos Consellos Escolares de 2024. Será no propio centro ás 14:30h, unha vez finalizadas as clases. EEI de Roris, Arteixo.

xoves, 10 de outubro de 2024

mércores, 6 de xullo de 2022

Resolución provisional da axuda de libros e material escolar 22/23

As listaxes provisionais poderán consultarse presencialmente, sendo necesario pedir cita previa para a súa consulta no correo electrónico do centro. As persoas solicitantes das axudas recibirán a información da resolución nunha mensaxe a través do correo electrónico facilitado a comezos de curso.

Os vales, tanto de material como de libros de texto concedidos, entregaranse no mes de setembro.

De haber reclamacións á resolución provisional, dispoñen ata o día 8 de xullo (solicitando cita previa) para facelo.

mércores, 15 de xuño de 2022

Formalización matrícula 22-23 NOVO alumnado

O alumnado NOVO no centro deberá formalizar a matrícula desde o día 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive.

Documentación a entregar:

- Formulario de matrícula (pódese solicitar no centro unha copia).

- 2 fotos tamaño carnet.

- Libro de familia (se non se entregou na admisión).

- DNI/NIE dos proxenitores e a alumna/o (se o ten).

- Volante de empadronamento histórico colectivo.

- Tarxeta sanitaria.

- Cartilla de vacinas.