Tal e como se establece na Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
O alumnado destinatario será aquel matriculado en educación primaria:
- Beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (non ten que presentar a solicitude).
- Que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue do día 15 ao 26 de novembro. As solicitudes entregaranse únicamente de forma presencial no centro educativo e acompañaranse da fotocopia do libro de familia.