Queridas familias e comunidade educativa.
Desde a nosa escola queremos colaborar coa Campaña
Solidaria Mariola de recollida de roupa e calzado usados.
A empresa Mariola Solidaria destinará parte dos
beneficios obtidos durante o proceso de xestión da roupa á financiación de
proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro
585703).
Este ano colaboran con "Right to education",
un proxecto que consiste na posta en marcha de 21 centros de reforzo educativo
das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbans (India).
Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono
966516656 ou ao correo electrónico info@csmariola.com
As nenas e nenos levarán para a casa unha
bolsa onde meter a roupa e calzado que vos apeteza doar. Se precisásedes máis non dubidedes en dicírnolo. Teremos ata o día 3 de
novembro para realizar a recollida.
Moitas gracias pola vosa colaboración.
Un saúdo.