Deixámosvos aquí os mandadiños deste ano, aínda que antes disto queremos lembrar algo.
- Os mandadiños cúmprense a semana do 21
ao 25 de febreiro, anunciando a chegada do entroido.
- Animámosvos a que empreguedes o que xa tedes: reutiliza,
repensa, recicla...
- Cumprir cos mandadiños do Meco non é obrigatorio,
pero animámosvos a participar.
- O venres virán con roupa negra para poñer os disfraces que estamos a facer na escola.
Os mandadiños deste ano,
non se van acumular,
polo que cada día
deberás isto revisar.
Se o luns, cómodo queres vir,
con pixama deberás vestir.
Para o martes pasalo ben,
algo na cabeza terás que poñer.
O mércores
da semana,
traeremos a cara pintada,
O xoves
haberá liberdade,
vestide como queirades.
Para o último día, venres,
reservamos o día grande,
vestiremos de superheroes,
iso non o dubidedes.
Grazas pola vosa colaboración!