O prazo de presentación das solicitudes de admisión abrangue do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos inclusive.
Formas de presentación da solicitude (Anexo II galego/Anexo II castelá), tres opcións:
- Cubrir a solicitude manualmente e entregala asinada no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica.
Documentación a entregar
- Impreso da solicitude de admisión.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a consulta.
- Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
- Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
- En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
- Xustificante se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando a documentación que acredite as circunstancias alegadas).
Estimación de vacantes
4º Educación Infantil 4
5º Educación Infantil 1
6º Educación Infantil 1
1º Educación Primaria 0
2º Educación Primaria 0