martes, 1 de decembro de 2015

DESPEDIMOS O OUTONO


Estes días tocou desmontar a nosa exposición do OUTONO porque xa está a piques de chegar o NADAL!!! Temos moitas sorpresas para estas datas :)


Queremos dar as grazas a todos/as por colaborar con todas as cousas que chegaron á nosa escola!


Aprendimos moitísimo e o pasamos xenial!!!

xoves, 26 de novembro de 2015

CUMPLE TITA E ANXO


Os peques do cole xa teñen 3 anos!!! Moitas felicidades a Tita e a Anxo!



domingo, 25 de outubro de 2015

Feliz cumple, Eva!!!


Felices 5!!! Un bicazo de parte dos teus compis.

Visita ao CEIP Ponte dos Brozos


O mércores visitamos o CEIP Ponte dos Brozos. A profe Ana e a Profe Monse contáronnos un conto moi chulo do Gato con Botas que resultou ser un pouco diferente ao que xa coñecíamos.
Despois compartimos recreo cos nenos/as do cole, recibimos uns agasallos que nos encantaron e tomamos uns carameliños ben ricos.
Pasámolo xenial!!!
Moitísimas grazas a todos/as os que fixeron posible ese día :)

mércores, 14 de outubro de 2015

Proxecto dinosaurios


Xa rematamos o noso pequeno proxecto dos dinosaurios!!!
 Cando chegamos á clase atopamos dous ovos. Que emoción!
 Carmen e Leo os meteron na auga e ao día seguinte...
SORPRESAA!!!!

domingo, 27 de setembro de 2015