martes, 26 de maio de 2020

Equilibrio e .... tolerancia

O longo dos últimos cursos este foi o curto de animación que máis gusto ó alumnado da EEI RORÍS
É unha forma de transmitir valores de forma motivadora.

Neste curto queda moi clara a importancia da tolerancia, a convivencia e... do equilibrio

Que vos parece agora se practicamos nós?



Para rematar o día ... un curto que vos vai emocionar!

xoves, 21 de maio de 2020

Un paseo polo monte!

Agora que podemos saír dar un paseiño todos os días, que vos parece se facedes series cos elementos que atopedes!!

Paseando por este monte mirade que actividades fixemos....


Agora... tócavos!!! 

domingo, 17 de maio de 2020

Hoxe é... O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


Aquí vos deixamos un enlace a un conto dos Bolechas sobre o autor deste ano: Ricardo Carvalho Calero

mércores, 13 de maio de 2020

Que chulada!!!

Abecedario creativo e apetitoso das chicas!!! Sodes unhas artistas




Animadevos a enviar as vosas fotiños os/as demais!!! 

martes, 12 de maio de 2020

Abecedario creativo

A ver esa imaxinación .... vamos crear o abecedario con elementos que teñamos cerca!

Aquí tedes unhas ideas 

Se vos apetece podedes mandarnos as fotos das vosas creacións

Canción para recordar cales son as letras do abecedario






venres, 8 de maio de 2020

Noticias frescas dos cumpleañer@s da semana!

Nada nos gustaría máis ca celebrar o cumple con Sergio e con Marina.
Cantaríamoslles o noso afinadísimo "cumpreanos feliz", paparíamoslle un pastelín e ao mellor.... tirábamos 7 veces dalgunha orelliña.
Pero... xa que non pode ser así... estamos encantadas de recibir noticias del@s 
e de ver como disfrutaron do seu día. Pintazas esas tartas ;-)

MOITAS FELICIDADES, QUE SEXAN MOITÍSIMOS MÁIS.
Gracias familias, gracias rapaces :-)






Amizade..... a pesar do coronavirus!!!!

Ninguén poñemos en dúbida que as Noas...adóranse!!!!

Bli bli, bla bla, ji ji, ja ja......
Vera e Sabela... non paraban de falar!!!

Como vos extrañamos a tod@s!!!

xoves, 7 de maio de 2020

Unha entrada por Marina!


Hoxe vai unha entrada dedicada a Marina!
Esperamos que teñas un día xenial, 
e que o sorriso que nos debuxabas todos os días non se borre nunca, nunca!!
Parabéns á nosa duquesiña, á nosa incansable axudanta!
 Feliz cumple!:-)

Creamos o noso propio baile

Propoñémosvos que inventedes os voso propio baile coa seguinte aplicación!


É moi sinxelo: escolledes o tipo de música e o xénero.
E 30 pasos nos que ides elixindo as que partes do corpo que queredes que se mova en cada un.


Rematamos dándolle ó botón verde co triángulo. 
E a bailaaaaaar!!!



mércores, 6 de maio de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2020/21

A RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no  territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, establece os seguintes plazos:
  • Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. 
A ESCOLA PERMANECERÁ ABERTA DE 10 A 13 HORAS.
SENDO PRECISO PEDIR CITA PREVIA POR CORREO ELECTRÓNICO OU A TRAVÉS DO TELÉFONO DA MESMA


  •  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020 (PRAZO A TER EN CONTA AQUELES/AS QUE PARA O VINDEIRO CURSO MARCHAN PARA O CEIP PONTE DOS BROZOS)

martes, 5 de maio de 2020

Unha das entradas de hoxe vai por.... Sergio!

Hoxe vai por Sergio! Que o temos de cumple!
Un dos nosos maiores, aquel ao que non lle gustan as fotos e xoga a facernos cariñas en todas elas.
Desexamos que o pases moi moi ben coa familia e
que comas un bo pedazo de tarta!
Parabéns Sergio!