xoves, 19 de maio de 2016

EMMA E A MOCHILA VIAXEIRA

Emma traballou moitísmo coa mochila viaxeira! Fixo uns debuxos que nos encantaron e compartíu con nós a súa "BOLSA MÁXICA", coa que aprendimos moitísimas cousas sobre os sentidos. Xenial!




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves conmemoramos o Día das Letras Galegas cos nosos compañeiros/as de A Lagoa e de Larín.

Preparamos esta presentación sobre Manuel María, que podedes ver no seguinte enlace:

PRESENTACIÓN LETRAS GALEGAS

No festival lemos  "Poema para namorar unha rosa", de Manuel María e cantamos e bailamos as seguintes cancións:

WALKING IN THE JUNGLE

O GALO CANTA

Despois os nosos veciños/as da ASOCIACIÓN CULTURAL TRISQUEL viñeron facer unha actuación coa que bailamos moitísimo e o pasamos xenial! Moitísimas grazas!!!

Aquí vos quedan algunhas fotos:



Iria e a mochila viaxeira

Iria aproveitou a Mochila Viaxeira para presentarnos aos seus novos gatiños. Mirade que bonitos!




MOITOS PARABÉNS, LAILA!

A nosa pequena Laila xa ten 5 aniños! Que ben o pasamos!!!