xoves, 30 de abril de 2020

Os maios!

Nalgunhas zonas de Galicia celébrase a festa dos Maios. 
Nesta celebración cántanse coplas dando a benvida ás flores e tamén se fan figuras con ramiñas, con bailaretes dos carballos, castañas de indias, musgos (ollo que está prohibido ir a el ao monte), flores, fiuncho, xestas, fieitos, hedras...
Que vos propoñemos?
Pois, como xa comezou a primavera e xa que nos deixan saír un pouquiño da casa, podemos coller flores ou follas que nos gusten para prensalas entre as follas dun xornal
Desde que pasen uns días, e  estean sequiñas, podedes facer algunha das actividades que vos van aquí ou outras que se vos ocorra.
Collages e montaxes con flores ao natural ou secas, marcapáxinas de flores secas pegadas ou forradas,... 
Se facedes algo disto, mandade foto da recollida, do proceso e/ou do resultado final. Seguro que nos tedes moito que ensinar. Sodes uns artistas!

Estamos moi orgullosas de vós, do voso traballo na casa e alegrádesnos cada vez que nos chegan fotos vosas sabendo que estades todos ben. 

Creatividade con paus e palillos

Como somos tan creativ@s vamos facer creacións con paus e/ou palillos que teñamos pola casa.
Imos facelo sen prisas, disfrutando da nosa creatividade.

Se vos animades mandádenos unha foto para poder compartila cos vosos compañeiros/as


mércores, 29 de abril de 2020

Mummmm , que pintaza!

Sergio animouse a facer as galletas da receta que se publicou fai un par de semanas!!!
Teñen unha pintaza! Seguro que estaban riquísimas


martes, 28 de abril de 2020

Divertímonos cos garbanzos e o mesmo tempo interiorizamos contidos lóxico matemáticos


Senon temos garbanzos podemos empregar macarróns, lentellas, chícharos,...



CONTO : Mi garbanzoooooooo






luns, 27 de abril de 2020

Luns de deporte!

  A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pon en marcha o programa  "Móvete connosco na casa"
A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.






domingo, 26 de abril de 2020

A entrada de hoxe,... vai por Leyre!

Parabéns Leyre!
As túas profes e os teus compañeir@s desexamos que pases un moi bo día de cumple. 
Oxalá o puidéramos celebrar xunt@s no cole. 
Moitísimos parabéns!
Abrazos enormes :-)

sábado, 25 de abril de 2020

O NOSO CONFINAMENTO


Desde fai unhas semanas estamos nos nosos fogares experimentanto multitude de sentimentos e experiencias.

No seguinte video mostramos algunhas delas. Esperamos que o disfrutedes!



Encantounos ver o ben que o estades pasando!

Queremos agradecer a vosa colaboración! 

luns, 20 de abril de 2020

Hoxe luns ..... a moverse na nosa sesión semanal de Educación Física

ZUMBA
Veña a movese seguindo o ritmo



HIP HOP


AGORA A RELAXARSE CHICOS/AS



sábado, 11 de abril de 2020

Artistas pasteleiros!


As mestras de Rorís sabemos que temos os mellores cociñeir@s no noso cole! 
Aquí nos manda Sergio a súa rosca! Coa receta que se puxo no blog.
Quedou preciosa, seguro que estaba riquísima! 
Gracias familia! Boa Pascua :-)

xoves, 2 de abril de 2020

Que vos parece se nos animamos a facer un postre típico desta época?

Como hoxe é venres e toca Taller de cociña imosvos animar a  facer unha ROSCA. 
Seguide ben as instruccións e xa veredes como vos sale riquísima.