venres, 19 de xuño de 2020

Chegou o último día de curso: GRACIAS.


Hoxe é un día diferente. É un día de alegría polo comezo das vacacións, pero tamén é un día morriñento, no que as mestras, as familias e os nen@s facemos balance cada un á súa maneira do que foi o curso.
Sen dúbida un ano distinto, no que os pais/nais vos vístedes cargados de responsabilidades,
as mestras vímonos tristes e angustiadas ao faltarnos o contacto cos vosos nen@s querendo sempre o mellor para tod@s el@s, 
e os nen@s estiveron faltos do contacto cos seus amig@s que son con quen realmente aprenden.

As mestras queremos agradecervos todas cantas atencións tivéstedes con nós neste tempo. 
Foran catro anos, ou catro meses,... 
  Sentímonos privilexiadas de haber estado con vós.
Se algún fallo tivemos neste tempo, sabede que sempre foi coa mellor das intencións.

Moitas gracias a tod@s. 

As mestras de Rorís.






↓⬇😎

xoves, 18 de xuño de 2020

Nun día de praia

Tod@s sabemos que cando imos a praia non nos sobre un minuto. 
Ponme os manguitos, infla o flotador, entroume area nun ollo, teño fame, agora quero pis, miña irmá non comparte o rastrillo, teño máis fame, quítame os manguitos, quero un xeado, ... 

A pesar de todo queremos animarvos a divertirse facendo un pouquiño de matemáticas na area
En nos escasos momentos de descanso, como cando saboreamos o bocata, podemos mirar o ceo e buscar algunha nube con formas recoñecibles.