xoves, 18 de novembro de 2021

Distribución de máscaras curso 2021/2022

Tal e como se establece na Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado destinatario será aquel matriculado en educación primaria:

  • Beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (non ten que presentar a solicitude).
  • Que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
            Estes últimos deben presentar a solicitude. Pincha aquí para descargar os anexos.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do día 15 ao 26 de novembro. As solicitudes entregaranse únicamente de forma presencial no centro educativo e acompañaranse da fotocopia do libro de familia.

luns, 18 de outubro de 2021

Campaña solidaria de recollida de roupa e calzado


Queridas familias e comunidade educativa.

Desde a nosa escola queremos colaborar coa Campaña Solidaria Mariola de recollida de roupa e calzado usados.

A empresa Mariola Solidaria destinará parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión da roupa á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703).

Este ano colaboran con "Right to education", un proxecto que consiste na posta en marcha de 21 centros de reforzo educativo das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbans (India).

Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono 966516656 ou ao correo electrónico info@csmariola.com

As nenas e nenos levarán para a casa unha bolsa onde meter a roupa e calzado que vos apeteza doar. Se precisásedes máis non dubidedes en dicírnolo. Teremos ata o día 3 de novembro para realizar a recollida.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Un saúdo.

martes, 21 de setembro de 2021

Manual da aplicacion abalarMóbil

Boas familias, deixámosvos aquí unha guía para o uso da aplicación abalarMóbil que será a que utilicemos para os avisos importantes. Un saúdo.



luns, 13 de setembro de 2021

Calendario escolar curso 2021-2022


Ademais dos días non lectivos do calendario engádense dous máis:
  • 7 de decembro
  • 16 de maio 
Pódese acceder á orde de calendario nesta ligazón.

mércores, 8 de setembro de 2021

martes, 7 de setembro de 2021

Listaxe de material para Educación Primaria 2021-2022



O material para a etapa de Educación Infantil publicarase próximamente.

 

venres, 25 de xuño de 2021


 💥💥💥Festa de fin de curso💥💥💥

Rematamos este curso coa mellor festa para despedir aos maiores e pechar este ano raro con sonrisos e bailes. pasámolo de marabilla!!
Grazas, grazas por dar luz a un ano escuro. Por contribuír a que isto rematase ben e por vir cada día cun sorriso debaixo da máscara. 
SAÚDE E BO VERÁN!

mércores, 9 de xuño de 2021

VISITA Á HORTA DE MARILUZ!

Semellaba que nunca chegaba o momento,... e chegou!!
Hoxe fomos á horta de MariLuz!
Unha visita moi agardada por tod@s. Alí ensinounos a súa horta con mooooitas plantas: cebolas, fabas, xudías, leitugas, acelgas, millo,...
MariLuz e Daniel contestaron a un montón de preguntas que preparamos, agasalláronnos con produtos da súa horta, froito do seu traballo e esforzo!

Moitísimas grazas MariLuz e Daniel por compartir con nós o voso tempo, por ter sempre un sorriso e un saúdo para nós cando pasades traballar. Sen dúbida que estamos entre xente boíña.

De toda a EEI de Rorís! GRAZAS!

P. D.  Calquera axuda que necesitedes,... non dubidedes porque se presentan na leira 18 nen@s cos seus 36 peíños e mauíñas!


mércores, 24 de febreiro de 2021

Feliz día de Rosalía

Un 24 de febreiro nacía Rosalía de Castro... Na escola quixemos facerlle esta pequena homenaxe.

Esperamos que vos guste este poema seu tanto como nos gusta a nós!