mércores, 1 de xuño de 2016

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES

Onte fomos de excursión ao Museo de Belas Artes. Aprendimos un montón de cousas sobre esculturas e cuadros, sobre pintores, príncipes, princesas e algúns puidemos coñecer a historia de Hércules e a súa torre, outros ver moedas antigas... Para rematar transformámonos en pintores e fixemos as nosas propias obras!






ANXO E A MOCHILA VIAXEIRA

O último en levar a "Mochila Viaxeira" foi Anxo. Como ten tantísima imaxinación e lle encanta disfrazarse a súa mamá e máis el inventaron un conto chulísimo no que Anxo é un cabaleiro. Escoitamos o conto moi atentos e divertiunos moito que o protagonista estivera sentado con nós. Noraboa a Anxo e á súa mamá!!!




UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Hai uns días veu de visita Samuel. Tíñamos moitísimas ganas de velo e levamos unha sorpresa enorme!!! Pasámolo xenial xogando con el e escoitando as súas historias do "cole dos maiores". Ademais contounos o conto de Croco, tocou o tambor e trouxo uns caramelos que estaban boísimos!
Moitísimas grazas pola visita, Samu! Esperamos verte pronto!!!