mércores, 18 de maio de 2022

Axudas para libros de texto e material escolar (Educación Primaria). Curso 22/23

Enlace da convocatoria das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria.

Prazo: desde o xoves 19 de maio ata o mércores 22 de xuño (inclusive)

- Resolución provisional: 6 de xullo. Informarase nesta web. O período de reclamación serán os dous días seguintes á publicación.

- Resolución definitiva: 13 de xullo. Informarase nesta web.

Os vales concedidos entregaránse no mes de Setembro.

Presentación

- Vía electrónica: no enlace.

- Presencialmente no centro (pedir cita previa por teléfono). Entrégase no centro no que se vai cursar o ano académico 22/23.

Documentación a entregar:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor (coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores).

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE. 

Facer clic para imprimir o Anexo I e Anexo II. Tamén se poden recoller no centro solicitando cita previa.