luns, 30 de marzo de 2020

Vera e Noa Losada!


Vera e Noa Losada enviannos estas fotos para que o ánimo no decaia!
Fixeron tres coelliños que seguro que van ter moi coidadiños estes días.
Vera invertiu parte do seu tempo en atar e desatar zapatos, agardamos que axiña nos demostres o ben que o sabes facer. :-)
Moitas gracias chicas!




venres, 27 de marzo de 2020

Novas posibilidades das bibliotecas: interesante :-)

Se xa sodes socios de algunha biblioteca municipal (calquera)  tedes a posibilidade de acceder ao préstamo gratuíto de libros e películas nas vosas casas desde https://www.galiciale.gal/ . Aqueles que non sexades socios tamén podedes rexistrarvos. Hai información na páxina.
Nela accédese ao catálogo, introdúcese o usuario e contrasinal que posuídes na vosa biblioteca habitual e poderedes acceder ao préstamo de material. 

Recomendámosvos especialmente as películas. É moi doado, só hai que buscalas (hai filtros para infantil e adulto), escoller o que se queira, e xa sairá o enlace a través do cal a poderedes ver. Unha vez vista, dádeslle a "devolver" igual ca faríades nunha biblioteca física. 

Hai máis de 300 películas, libros con música, libros,....Nas fotografías vedes algún exemplo do que se pode atopar na páxina. Interesante para nen@s e adultos.

Destacamos para vós a serie completa de Cocorico e gato pelado; "Maimiño e o espello máxico"; "Contos no camiño",...

Se tedes esta posibilidade, está ben usala. Despois do malo, aproveitemos que a cuarentena despertou algún acceso á cultura. 

Ánimo familias!




mércores, 25 de marzo de 2020

xoves, 5 de marzo de 2020

Os retos en equipo levanse mellor!!

Temos na aula catro expert@s desactivando paquete sorpresa! Lograron abrir unha caixa cifrada que contiña 2 BOMBAS DE SEMENTE e moedas de chocolate para todos/as! Ao son de un TIC TAC inquietante,resolveron problemas de mates e conseguiron as tres cifras do candado!!! Xunt@s superamos todo!!! ⏰ ⏰ 🔒 📜 🌱 💣

martes, 3 de marzo de 2020

Algunhas das nosas familias!!

Existen diferentes tipos de familias! O nexo en comun será o cariño entre as persoas que a conforman

Os nosos Jacintos van para casa!!! Unha experiencia moi motivadora