venres, 27 de marzo de 2020

Novas posibilidades das bibliotecas: interesante :-)

Se xa sodes socios de algunha biblioteca municipal (calquera)  tedes a posibilidade de acceder ao préstamo gratuíto de libros e películas nas vosas casas desde https://www.galiciale.gal/ . Aqueles que non sexades socios tamén podedes rexistrarvos. Hai información na páxina.
Nela accédese ao catálogo, introdúcese o usuario e contrasinal que posuídes na vosa biblioteca habitual e poderedes acceder ao préstamo de material. 

Recomendámosvos especialmente as películas. É moi doado, só hai que buscalas (hai filtros para infantil e adulto), escoller o que se queira, e xa sairá o enlace a través do cal a poderedes ver. Unha vez vista, dádeslle a "devolver" igual ca faríades nunha biblioteca física. 

Hai máis de 300 películas, libros con música, libros,....Nas fotografías vedes algún exemplo do que se pode atopar na páxina. Interesante para nen@s e adultos.

Destacamos para vós a serie completa de Cocorico e gato pelado; "Maimiño e o espello máxico"; "Contos no camiño",...

Se tedes esta posibilidade, está ben usala. Despois do malo, aproveitemos que a cuarentena despertou algún acceso á cultura. 

Ánimo familias!




Ningún comentario:

Publicar un comentario