Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Neste día de conmemoración, coñecimos a Sira, a protagonista da historia de Palmira Castro, unha moza que se rebela contra as conductas machistas que sofre durante a súa vida e toma a determinación de virar de rumbo e navegar cara a igualdade.
Pola nosa parte, decidimos emulala facendo as nosas barquiñas de papel, para logo pegalas nun mural camiño do seu destino.


#navegaraigualdade 




Ademáis, queremos ensinarvos algúns dos libros que fomos lendo e outros que temos pendentes para estes días e sobre os que reflexionamos sobre o respecto pola outra,  a diversidade, a corresponsabilidade nas tarefas, a tolerancia... Esperamos que estes contos sexan as sementes coas  que conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. 


 

mércores, 1 de xuño de 2016

ANXO E A MOCHILA VIAXEIRA

O último en levar a "Mochila Viaxeira" foi Anxo. Como ten tantísima imaxinación e lle encanta disfrazarse a súa mamá e máis el inventaron un conto chulísimo no que Anxo é un cabaleiro. Escoitamos o conto moi atentos e divertiunos moito que o protagonista estivera sentado con nós. Noraboa a Anxo e á súa mamá!!!




xoves, 19 de maio de 2016

EMMA E A MOCHILA VIAXEIRA

Emma traballou moitísmo coa mochila viaxeira! Fixo uns debuxos que nos encantaron e compartíu con nós a súa "BOLSA MÁXICA", coa que aprendimos moitísimas cousas sobre os sentidos. Xenial!




luns, 25 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O pasado xoves as tres escolas fomos á Lagoa a celebrar o Día do Libro. Fixemos un montón de cousas: lemos contos, fixemos uns marcapáxinas, coñecimos a aventura de Don Quijote e os muíños de vento, xogamos coa pizarra dixital, compartimos o recreo e a merenda cos nosos compañeiros/as...


Finalmente, tivemos unha actividade organizada polo Concello sobre os contos de "Contos en Cantos". Aquí vos deixamos as cancións dos que escoitamos ese día e que tanto, tanto nos gustan!

CHOCOLATA

COCORICO

MARILUZ AVESTRUZ

CORRE CORRE CABACIÑA

mércores, 13 de abril de 2016

Visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal"

Onte visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal" xunto cos nosos compañeiros de Larín e de A Lagoa.

Primeiro Pizpireta contounos tres contos moi divertidos: Miró e as catro manchas de cores, A tía Catalina e monstruo comemedos e un conto de tribus indias.

Despois estivemos lendo uns contos que nos tiñan preparados e seleccionamos algúns para seguir desfrutando na clase durante uns días máis.

E por último, a merendar e a xogar no parque!!!




XABI E A MOCHILA VIAXEIRA

O noso Xabi é un artista! Mirade que traballo tan xenial fixo no caderno viaxeiro:



Cada ventaniña é un conto, por eso cada unha é diferente! Porque como tan ben nos explicou: "cada conto é unha nova aventura". Encantounos abrir todas e comprobar cal dos contos estaba escondido en cada unha.


xoves, 10 de marzo de 2016

El príncipe Ceniciento

Seguimos falando de príncipes e princesas. Pincha na imaxe para ler o conto de hoxe!

http://es.slideshare.net/DiversidadyCoeducacion/el-prncipe-ceniciento-cuento

mércores, 9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER

Con motivo desta data o CIM organizou no noso cole un taller sobre a igualdade de xénero. Primeiro coñecimos o conto "A metade de Xoan" e despois fixemos algúns traballiños sobre igualdade de xénero que nos resultaron moi interesantes.



Na clase tamén estamos a traballar con algúns contos que nos están a resultar moi divertidos. Onte tocou unha adaptación de "La cenicienta que no quería comer perdices".

Hoxe o pasamos xenial con "La princesa listilla". Pinchade na foto e o poderedes ler na casa!

http://es.slideshare.net/mlolajimenez/la-princesa-listilla-3832701

HOLA DUDLEY


Eva sorpendeunos a todos traendo ao cole unha marioneta de Dudley que ela mesma fixo. Aos peques encántalles ese conto, así que o agasallo non puido ser mellor :)
Moitísimas grazas, Eva!

luns, 22 de febreiro de 2016

AVÓS

Hoxe quixemos ler o conto "AVÓS" de Kalandraka. Pinchade na foto se o queredes ler un trociño do conto na casa

http://issuu.com/kalandraka.com/docs/avos-g/5?e=4311459/14014353

Como nos gustou tanto, despois da lectura bailamos un pouco ao ritmo de "Miña abuela Manuela"

CANCIÓN MIÑA ABUELA MANUELA