luns, 22 de febreiro de 2016

AVÓS

Hoxe quixemos ler o conto "AVÓS" de Kalandraka. Pinchade na foto se o queredes ler un trociño do conto na casa

http://issuu.com/kalandraka.com/docs/avos-g/5?e=4311459/14014353

Como nos gustou tanto, despois da lectura bailamos un pouco ao ritmo de "Miña abuela Manuela"

CANCIÓN MIÑA ABUELA MANUELA


domingo, 14 de febreiro de 2016

ENTROIDO

Aquí deixamos unhas poucas fotos para que vexades o ben que o pasamos no entroido!










martes, 2 de febreiro de 2016

Día da Paz

O pasado xoves as tres escolas visitamos A Lagoa para celebrar xuntos o Día da Paz.

Fixemos unhas medallas moi chulas que levamos para as casas.


Os maiores animáronse a ler unhas poesías da paz.


Contamos un conto moi chulo sobre unha estrela e pegamos as nosas estreliñas con desexos de paz nun mural do universo.


Tamén cantamos esta canción que podedes ir aprendendo para cantar con todos nós no festival de entroido. (Pica no debuxo para escoitala) E moitas cousas máis!!!

https://www.youtube.com/watch?v=OIfVZrYf_jc

O venres fixemos un mural para decorar a nosa clase. Animádevos a vir de visita para ver como nos quedou!


The frog prince


Hai unhas semanas fomos ao teatro a ver "The frog prince". Encantounos a obra e cando voltamos a clase decidimos que nos gustaría aprender máis cousas sobre as rás.



Aproveitamos para facer estes títeres tan divertidos e dende ese día estamos a facer un pequeno proxecto sobre estes animaliños.

Non podemos evitar mover o esqueleto con este baile que tanto nos gusta! Picade na raniña e a bailar!!!

https://www.youtube.com/watch?v=Zcvb7KmtK_c

Aniversarios xaneiro

Este mes sumaron un máis Xabi e Lucía!

Aquí tedes o antes e o despois de Xabi. Esquecimos poñer a coroa para a foto, así que tocou posar dúas veces.



E aquí está Lucía, que xa ten 6 aniños!!!