mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Neste día de conmemoración, coñecimos a Sira, a protagonista da historia de Palmira Castro, unha moza que se rebela contra as conductas machistas que sofre durante a súa vida e toma a determinación de virar de rumbo e navegar cara a igualdade.
Pola nosa parte, decidimos emulala facendo as nosas barquiñas de papel, para logo pegalas nun mural camiño do seu destino.


#navegaraigualdade 




Ademáis, queremos ensinarvos algúns dos libros que fomos lendo e outros que temos pendentes para estes días e sobre os que reflexionamos sobre o respecto pola outra,  a diversidade, a corresponsabilidade nas tarefas, a tolerancia... Esperamos que estes contos sexan as sementes coas  que conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. 


 

sábado, 14 de novembro de 2020

Participación no procedemento de distribución de máscaras

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O prazo de presentación das solicitudes (impreso máis documentación complementaria) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que cumpra as anteriores condicións será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

DESCARGA O FORMULARIO

Orde do 6 de novembro de 2020 de participación no procedemento de distribución de máscaras