luns, 18 de outubro de 2021

Campaña solidaria de recollida de roupa e calzado


Queridas familias e comunidade educativa.

Desde a nosa escola queremos colaborar coa Campaña Solidaria Mariola de recollida de roupa e calzado usados.

A empresa Mariola Solidaria destinará parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión da roupa á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703).

Este ano colaboran con "Right to education", un proxecto que consiste na posta en marcha de 21 centros de reforzo educativo das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbans (India).

Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono 966516656 ou ao correo electrónico info@csmariola.com

As nenas e nenos levarán para a casa unha bolsa onde meter a roupa e calzado que vos apeteza doar. Se precisásedes máis non dubidedes en dicírnolo. Teremos ata o día 3 de novembro para realizar a recollida.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Un saúdo.