luns, 25 de abril de 2016

IRIA CUMPLE 4!

O mércores por fin foi o cumple de Iria! Moitísimas felicidades!!!




DÍA DO LIBRO

O pasado xoves as tres escolas fomos á Lagoa a celebrar o Día do Libro. Fixemos un montón de cousas: lemos contos, fixemos uns marcapáxinas, coñecimos a aventura de Don Quijote e os muíños de vento, xogamos coa pizarra dixital, compartimos o recreo e a merenda cos nosos compañeiros/as...


Finalmente, tivemos unha actividade organizada polo Concello sobre os contos de "Contos en Cantos". Aquí vos deixamos as cancións dos que escoitamos ese día e que tanto, tanto nos gustan!

CHOCOLATA

COCORICO

MARILUZ AVESTRUZ

CORRE CORRE CABACIÑA

mércores, 13 de abril de 2016

Visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal"

Onte visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal" xunto cos nosos compañeiros de Larín e de A Lagoa.

Primeiro Pizpireta contounos tres contos moi divertidos: Miró e as catro manchas de cores, A tía Catalina e monstruo comemedos e un conto de tribus indias.

Despois estivemos lendo uns contos que nos tiñan preparados e seleccionamos algúns para seguir desfrutando na clase durante uns días máis.

E por último, a merendar e a xogar no parque!!!




XABI E A MOCHILA VIAXEIRA

O noso Xabi é un artista! Mirade que traballo tan xenial fixo no caderno viaxeiro:



Cada ventaniña é un conto, por eso cada unha é diferente! Porque como tan ben nos explicou: "cada conto é unha nova aventura". Encantounos abrir todas e comprobar cal dos contos estaba escondido en cada unha.


martes, 12 de abril de 2016

CUMPLE DE LEO

Que ben o pasamos no cumple de Leo!!!


Mirade que maior está cos seus 5 aniños. 


Moitos parabéns!!!

 

Eva e as súas sorpresas

Temos que dar as grazas especialmente a Eva porque case todos  os días trae unha sorpresiña!
Aquí está a súa foto coa bolboreta que trouxo para dar a benvida á primavera.


Tamén quixo compartir con todos nós unha galiña de chocolate que lle regalaron pola Pascua. Estaba boísima! E onte sorprendeunos con unha xoaniña que nos encantou :)