mércores, 13 de abril de 2016

Visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal"

Onte visitamos a biblioteca "Henrique Rabuñal" xunto cos nosos compañeiros de Larín e de A Lagoa.

Primeiro Pizpireta contounos tres contos moi divertidos: Miró e as catro manchas de cores, A tía Catalina e monstruo comemedos e un conto de tribus indias.

Despois estivemos lendo uns contos que nos tiñan preparados e seleccionamos algúns para seguir desfrutando na clase durante uns días máis.

E por último, a merendar e a xogar no parque!!!




1 comentario:

  1. Nos tamén estamos moi contentos de compartir con vós a excursión. E temos moitas ganas de que chegue o xoves para pasalo moi ben xuntos.
    Un bico forte.
    A profe da Lagoa.

    ResponderEliminar