martes, 2 de febreiro de 2016

Día da Paz

O pasado xoves as tres escolas visitamos A Lagoa para celebrar xuntos o Día da Paz.

Fixemos unhas medallas moi chulas que levamos para as casas.


Os maiores animáronse a ler unhas poesías da paz.


Contamos un conto moi chulo sobre unha estrela e pegamos as nosas estreliñas con desexos de paz nun mural do universo.


Tamén cantamos esta canción que podedes ir aprendendo para cantar con todos nós no festival de entroido. (Pica no debuxo para escoitala) E moitas cousas máis!!!

https://www.youtube.com/watch?v=OIfVZrYf_jc

O venres fixemos un mural para decorar a nosa clase. Animádevos a vir de visita para ver como nos quedou!


Ningún comentario:

Publicar un comentario