mércores, 9 de xuño de 2021

VISITA Á HORTA DE MARILUZ!

Semellaba que nunca chegaba o momento,... e chegou!!
Hoxe fomos á horta de MariLuz!
Unha visita moi agardada por tod@s. Alí ensinounos a súa horta con mooooitas plantas: cebolas, fabas, xudías, leitugas, acelgas, millo,...
MariLuz e Daniel contestaron a un montón de preguntas que preparamos, agasalláronnos con produtos da súa horta, froito do seu traballo e esforzo!

Moitísimas grazas MariLuz e Daniel por compartir con nós o voso tempo, por ter sempre un sorriso e un saúdo para nós cando pasades traballar. Sen dúbida que estamos entre xente boíña.

De toda a EEI de Rorís! GRAZAS!

P. D.  Calquera axuda que necesitedes,... non dubidedes porque se presentan na leira 18 nen@s cos seus 36 peíños e mauíñas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario