venres, 19 de xuño de 2020

Chegou o último día de curso: GRACIAS.


Hoxe é un día diferente. É un día de alegría polo comezo das vacacións, pero tamén é un día morriñento, no que as mestras, as familias e os nen@s facemos balance cada un á súa maneira do que foi o curso.
Sen dúbida un ano distinto, no que os pais/nais vos vístedes cargados de responsabilidades,
as mestras vímonos tristes e angustiadas ao faltarnos o contacto cos vosos nen@s querendo sempre o mellor para tod@s el@s, 
e os nen@s estiveron faltos do contacto cos seus amig@s que son con quen realmente aprenden.

As mestras queremos agradecervos todas cantas atencións tivéstedes con nós neste tempo. 
Foran catro anos, ou catro meses,... 
  Sentímonos privilexiadas de haber estado con vós.
Se algún fallo tivemos neste tempo, sabede que sempre foi coa mellor das intencións.

Moitas gracias a tod@s. 

As mestras de Rorís.






↓⬇😎

Ningún comentario:

Publicar un comentario