xoves, 30 de abril de 2020

Os maios!

Nalgunhas zonas de Galicia celébrase a festa dos Maios. 
Nesta celebración cántanse coplas dando a benvida ás flores e tamén se fan figuras con ramiñas, con bailaretes dos carballos, castañas de indias, musgos (ollo que está prohibido ir a el ao monte), flores, fiuncho, xestas, fieitos, hedras...
Que vos propoñemos?
Pois, como xa comezou a primavera e xa que nos deixan saír un pouquiño da casa, podemos coller flores ou follas que nos gusten para prensalas entre as follas dun xornal
Desde que pasen uns días, e  estean sequiñas, podedes facer algunha das actividades que vos van aquí ou outras que se vos ocorra.
Collages e montaxes con flores ao natural ou secas, marcapáxinas de flores secas pegadas ou forradas,... 
Se facedes algo disto, mandade foto da recollida, do proceso e/ou do resultado final. Seguro que nos tedes moito que ensinar. Sodes uns artistas!

Estamos moi orgullosas de vós, do voso traballo na casa e alegrádesnos cada vez que nos chegan fotos vosas sabendo que estades todos ben. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario