mércores, 6 de maio de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2020/21

A RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no  territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, establece os seguintes plazos:
  • Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. 
A ESCOLA PERMANECERÁ ABERTA DE 10 A 13 HORAS.
SENDO PRECISO PEDIR CITA PREVIA POR CORREO ELECTRÓNICO OU A TRAVÉS DO TELÉFONO DA MESMA


  •  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020 (PRAZO A TER EN CONTA AQUELES/AS QUE PARA O VINDEIRO CURSO MARCHAN PARA O CEIP PONTE DOS BROZOS)

Ningún comentario:

Publicar un comentario