xoves, 31 de marzo de 2016

ESTAMOS MOI TRABALLADORES

A volta das vacacións está chea de sorpresas!

Tita trouxo este dinosaurio tan chulo para compartir con nós.


Laila ensinounos o seus progresos tocando a flauta.
 

Xabi fixo este cometa que nos encantou e do que sacamos unha idea estupenda.
 

Leo non se esqueceu do Sistema Solar e quixo compartir este póster que é xenial.
 

Shaila, que tivo a "Mochila viaxeira" na casa, quixo ensinarnos unha pluma do seu pato mandarín, como o que sae no conto de "Pájaro amarillo".


E Eva tamén trouxo unha bolboreta PRECIOSA para darlle a benvida á primavera, pero esquecimos sacarlle unha foto. Estade pendentes porque a subiremos dentro de pouco!

1 comentario: